sábado, 27 de febrero de 2010

Concentración en la Dirección Provincial 26/02/2010















A toda a Cidadanía


A Xunta de Galicia por medio da Consellería de Sanidade acaba de anunciar a licitación privada do novo hospital de Vigo. Tal decisión é contraria ao acordo de xuño de 2006, onde sindicatos, empresarios, Universidade de Vigo e conselleira do anterior goberno decidían construír, con fondos públicos, un hospital que atendera as necesidades de toda a cidadanía da Área Sanitaria de Vigo.

A privatización do novo hospital e de varios servizos terá ademais una redución de 380 casmas respecto ao proxecto inicial; renunciase a obxetivos estratéxicos para Vigo, reducindo á metade as camas de tratamento avanzado do cancro, do que estaba previsto que Vigo fose referencia de Galicia. Igualmente reducense camas para doentes psiquiátricos.

Está claro que o presidente da Xunta e a conselleira de Sanidade (Feijoó e Farjas) apostan non só por privatizar o novo hospital, senón tamén por impoñer Póvisa como hospital de Área, mantendo a fragmentación e dispersión dos hospitais de Vigo, cunha dobre porta de urxencias.

Co proxecto presentado para o novo hospital de Vigo limítanse os avances tecnolóxicos e bloquéase a creación de servizos tan necesarios como contar cunha unidade de grandes queimados.

A PRIVATIZACIÓN é un gran negocio para a sanidade privada; pretenden que o hospital sexa construído por unha empresa que tería o seu contral absoluto e entregaríanlle, ademais, unha serie de servizos: cociña, lavandería, mantemento, reprografía e un longo etcétera, que serían xestionados por esa empresa.

A experiencia deste tipo de privatizacións demóstranos que os 250 millóns iniciais do custo estimado do hospital (xa veremos ao final no que queda coas posibles desviacións) se multiplicarán en forma de intereses e beneficios empresariais, por 5 ou 7 veces...

Para pagar o malgasto e o negocio privado, durante os anos que haxa que pagar os intereses (non menos de 20) gran parte dos fondos sanitarios que agora se destinan á atención sanitaria, serán dedicados a lles pagar aos PROPIETARIOS PRIVADOS DO HOSPITAL. HABERÁ MENOS CARTOS PARA PERSOAL: menos médicos, enfermeiros...

A decisión política de Feijoó de privatizar a sanidade en Vigo é unha fotocopia da realizada en Valencia o Madrid; as conseceuncias son: menor calidade asistencial, maior endebedamento, e recorte de investimentos e do número de traballadores. Esta forma de financiar a sanidade naceu en Gran Bretaña, onde está en retroceso por ser insostenible economicamente, e o 83% dos británicos rexeitan estas fórmulas privatizadoras na sanidade pública.

As traballadoras e traballadores da sanidade, os seus representantes e a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo fan un chamamento a TODO O POBO DE VIGO E COMARCA a rexeitar A PRIVATIZACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA, O MALGASTO E O ENDEBEMENTO e, desta maneira, poñerlle freo ao COPAGAMENTO (pagar dobremente cos impostos e cada vez que necesites acudir ás urxencias, ás consultas, etc), que é a onde nos leva a política da Consellería de Sanidade

Rexeitamos o negocio privado a costa da saúde da cidadanía, queremos a mellor atención sanitaria para todas e todos, por iso pedímosche que te movilices connosco.

Carteles y humor contra la privatización
























































martes, 23 de febrero de 2010

¿Sabías que...


- Vamos a tener una Sanidad Hipotecada durante 20/30 años o más?

- El Nuevo Hospital nos va a costar entre 5 y 7 veces más que si fuese Financiado con Capital Público?

- La Privatización va a destruir progresivamente puestos de Trabajo?

- Se comienza por algunos Servicios y después Privatizan toda la Sanidad como en otros países (Gran Bretaña), que están en retroceso por ser Insostenibles Económicamente?

- Esta forma de Gestión Privada está implantada en otras Comunidades Autónomas y están fracasando?

- La calidad de Atención al Paciente se verá Disminuida y Deteriorada?

- El Nuevo Hospital tendrá un Parking Privado de Pago?

- El Hospital Rebullón y el Policlínico Cíes Cerrarán?

- Los Centros de Especialidades de Coya y la Doblada Desaparecerán?

- El Hospital Xeral EDIFICIO EMBLEMÁTICO de Vigo será DERRIBADO?

- Hasta ahora tenemos una de las Mejores Sanidades del Mundo?

POR LA DEFENSA DE LA SANIDAD 100% PÚBLICA

Foliada contra a Privatización





O entrar no goberno
Dixolle Feijoo os amigos
Se queredes facer pasta
Vindevos todos a Vigo

Videvos todos a Vigo (bis)
O entrar no goberno
Dixolle Feijoo os amigos

(Estribillo)
Anadavan decindo que o ivan facer
E chega este ano e faino o PP
E faino o PP (bis)
Andavan decindo que o ivan facer

Os cidadans de Vigo
Dixeronlle o Presidente
Nas próximas eleccions
Imos cambiar de xente

Imos cambiar de xente (bis)
Os cidadans de Vigo
Dixeronlle o Presidente

(Estribillo)

A sanidade en subasta
Pá que os ricos fagan pasta
A sanidade en subasta
Pá que os ricos fagan pasta

(Estribillo)

O xerente do hospital
Sintese moi ofendido
Pero importalle un carallo
A sanidade de Vigo
A sanidade de Vigo (bis)
o Xerente do hospital
Sintese moi ofendido